A prensa consultada e citada
- Boletín
Oficial del Arzobispado de Santiago de Compostela. É
desde o século XIX o medio informativo do arcebispado compostelán. Dun dos
seus números da época extraeuse o texto contra os protestantes arousáns
incluído na parte de 1906.
- Diario
de Galicia. Xornal compostelán. Aparece en 1908 e
desaparece a finais de 1930. Promovido polo arcebispo compostelán, Martín
de Herrera, a súa ideoloxía era católico-conservadora.
- El Correo de Galicia.
Xornal vespertino compostelán de ideario católico tradicional e ideoloxía
próxima ao carlismo. Ten unha primeira etapa desde 1865. A segunda comeza
en 1900 e remata en 1913. Redacción en 1906: Rúa do Hórreo, 1, baixo.
Editado “con censura eclesiástica”, sinálase na cabeceira en 1906.
- El
Eco de Santiago. Xornal vespertino católico-conservador de
Compostela. Máis preocupado polos intereses xerais santiagueses e galegos
có seu rival El Correo de Galicia. En 1906 editábase na Rúa Xelmírez,
26, baixo. Fundado en 1896, perdura ata 1938
- Gaceta de Galicia.
Xornal compostelán católico e liberal editado desde 1879 a 1918.