Manuel F. Rodríguez

Manuel F. Rodríguez (Sarria, 1958) é xornalista e doutor en Ciencias da Información. Traballa no Xacobeo, foi profesor de Comunicación da Universidade de Santiago e colabora como docente nos seus Cursos Internacionais. Publica desde 1996. Entre as súas obras están Os Camiños de Santiago en Galicia, 2004, con Francisco Singul; La catedral de Santiago para los peregrinos, 2012, e Santiago de Compostela para los peregrinos, a primeira guía desta cidade que revela a súa condición de meta da ruta xacobea. 

Foi, ademais, coordinador de La gran enciclopedia del Camino de Santiago. Diccionario de la cultura jacobea, obra en 18 tomos con tres mil entradas na que participaron expertos de varios países e publicada, como as dúas anteriores, por Bolanda Edicións. Tamén dirixiu as primeiras exposicións sobre a historia da radio en Galicia, 2009-2010. Traballou e colabora en medios de comunicación e ten impartido conferencias en países de Europa e América. A viaxe á fin do mundo é a súa primeira novela.